Resumo
A investigación sociolingüística en comunidades de xordos ten sido modelada por alomenos catro consideracións relacionadas entre si: (1) a relación entre a lingua falada pola comunidade maioritaria e a lingua de signos da comunidade, principalmente nos contextos educativos; (2) o limitado coñecemento da estructura lingüística da lingua de signos; (3) as dúbidas cara o estatus da lingua de signos como unha “lingua verdadeira”; e (4) a aplicación dos modelos sociolingüísticos da lingua falada ás situacións de lingua de signos. Este estudio céntrase especificamente no fenómeno do contacto de linguas en comunidades de xordos. En primeiro lugar, discútese o efecto xeral de cada unha destas catro consideracións, e preséntase un modelo de fenómenos de contacto de linguas, facendo a distinción entre as consecuencias do contacto entre dúas linguas de signos, e as consecuencias do contacto entre unha lingua de signos e unha lingua falada. En segundo lugar, preséntanse os resultados dunha investigación do contacto de linguas na comunidade xorda americana e discútense eses resultados tendo en conta as catro consideracións anteriores. En terceiro lugar, suxírense vías para futuras investigacións sociolingüísticas das comunidades de xordos.
|